Nesta convocatoria celebraranse 4 cursos, que se impartirán os días 24 e 25 de maio, en Teixeiro (Curtis), o 31 de maio en Pontevedra, e o 7 de xuño en Ourense .
Con motivo do próximo curso 2025-2026, está a elaborarse un vídeo promocional onde se destacan os aspectos positivos de cursar un ciclo formativo no CFEA de Lourizán. Convidamos a todos os alumnos a que participen neste vídeo remitindo a través da páxina web (ligazón de subida), antes do 28 de abril, pequenos vídeos onde nos fagan chegar as súas experiencias, ideas ou momentos que vivisen ou esten vivindo tanto no centro como na súa formación FCT. A todos aqueles que colaboren e remitan os seus vídeos obsequiaráselles cun lote de produtos de calidade diferenciada.
Os vídeos deben ser tomados a máxima calidade, en formato horizontal e sen ningún tipo de filtro, e como máximo 5 arquivos de video por persoa dun tamaño máximo de 10GB cada un.
¡¡¡Animámosvos a participar a todos!!!
Con motivo do 20º aniversario de Europass e o 5º desde o lanzamento do novo Portal, o Centro Nacional Europass do SEPIE pon en marcha unha nova edición do concurso escolar para dar a máxima difusión á plataforma entre os estudantes españois.
O CNE pretende así que os nosos mozos coñezan por si mesmos todas as ferramentas dixitais e posibilidades que lles ofrece o Portal para que poidan, nun futuro próximo, potenciar as súas opcións de empregabilidade cando queiran dar o salto ao mundo laboral.
Plazo de participación: del 25 noviembre 2024 al 20 enero 2025
Según indica o RD 1311/2012 , as persoas que teñen estudos da rama agraria non necesitan realizar os cursos de formación iniciais xa que poden obter o carné por validación e por suposto o mesmo ocorre cos cursos de renovación que só son obrigatorios para aquelas persoas que non teñen estudos da rama agraria polo que unha persoa con estudos da rama agraria só ten que presentar o Modelo de solicitude MR203B e o pago da taxa de 4,78 euros, cos seguintes códigos: 09 13 17 310407
OBXECTO: Convocar ao alumnado do ciclo formativo de grao medio do CFEA LOURIZÁN a participar nas mobilidades de prácticas Erasmus+ que se realizarán durante o curso 2024-25. A mobilidade na FP achega un valor evidente ao axudar aos mozos a abrir as súas mentes, ampliar as súas competencias sociais, profesionais e transversais, desenvolver o gusto pola innovación e a iniciativa e o sentido da cidadanía europea. É unha forma de mellorar os resultados globais das organizacións (tanto dos provedores de FP como das empresas) implicadas en ditas prácticas, creando estratexias de internacionalización duradeiras e, ao mesmo tempo, axudando tamén ás empresas a atopar as competencias adecuadas que necesitan para aumentar a súa competitividade. PRAZO: O prazo de presentación das solicitudes é dende o día 14 de novembro, data da publicación desta convocatoria, ata o día 21 de novembro, ambos inclusive.
Durante a visita, realizamos con eles un percorrido guiado pola finca , e tamen puideron coñecer a actividade do centro formativo e dos nosos viveiros de prácticas. Quedamos moi satisfeitos dá sua amabilidade e colaboración. Moitas gracias pola visita, e ata cando queirades.
Visita o noso centro do Obradoiro Forestal e Xardineria do Concello de Salvaterra de miño, dentro do programa Salvaterra Emprega III no cal participan 20 Alumnos e lles imparten os cetificados de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e Actividades auxiliares en viveros, Xardins e centros de Xardinería.
Agradecemos a sua visita,cos que poidemos intercalar experiencias con eles, e os guiamos nunha visita as nosas instalacions así como, o entorno da noso centro.
Un ano mais a escola de Capataces de Lourizan acude a cita de Pontenciencia con dous proxectos de investigación.
* O método Doramaki que os alumnos denominaron "Persistencia sinérxica" que consiste nun método alternativo na loita contra o chancro do castiñeiro.
* Estudo do desenvolvemento de especies invasoras cultivadas entre flora autóctona que consiste en estudar os distintos tipos de competencia entre a flora autóctona e alóctona.
O premio acadado foi o de menos, quedámonos moi satisfeitos coa implicación, traballo e ilusión do noso alumnado en prol da investigación e o método científico utilizado para acadar uns resultados que seguirán sendo estudados no tempo por parte deles, quen sabe se no futuro serán quen de acadar aqueles resultados polo que estiveron experimentando pero o xérmomolo e a inquietude pola investigación prendeu neste grupo de primeiro de ciclo superior que demostraron que cos medios que teñen ao seu alcance, tenacidade, curiosidade e coñecementos adquiridos, pódense facer moitas cousas en prol do noso medio natural.
Excursión o paintball de Aventuras Rias Baixas (Atalaia/ Cerdedo-Cotabade) co premio ganado en Pontenciencia no curso de 2° de CM.
Escola Enxeñaria Forestal Pontevedra.
O alumnado de primeiro curso do Ciclo Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural da Escola de Capataces Forestais de Lourizán visitou na mañá de onte a leira de Briz e o Museo Municipal Manuel Torres de Marín, onde puideron gozar da exposición fotográfica sobre ecosistemas boscosos Berces de Vida, comisariada por Joaquín Araujo.
Lique Parmotrema perlatum
Día 2 DE FEBREIRO DIA MUNDIAL DOS HUMIDAIS.
VISITA GUIADA PARA O ESTUDO DOS LIQUES DO RÍO GAFOS.
· VENRES 2 DE FEBREIRO DO 2024
· PUNTO DE ENCONTRO: 17H NA PONTE DA CONDESA- TOMEZA
COA NOVIDADE DE ASISTIR A UNHA XORNADA PARA O ESTUDO DOS LIQUES DO RÍO
En dita xornada contaremos con María Eugenia López de Silanes Vázquez, profesora titular na escola de Enxeñaría Forestal no campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e Eva Mª Abril Bausela Enxeñeira, Técnica Forestal
Actividade aberta ao público en xeral
+ info :676 842 942– Vaipolorío
É o punto de partida de FINEXIT, o “escape room” financeiro itinerante que onte chegou á Escola de Capataces de Lourizán da man da Cámara de Comercio de España e a Fundación Mapfre.
O “escape room” convida os participantes a entrar na nave e, nun tempo limitado, descubrir o obxectivo da súa misión e tentar conseguilo, mediante “diferentes proba que traballan diferentes conceptos financeiros”, sinala a organización.
Faleceu o axente forestal Jose Gea Martinez, relacionado desde hai moitísimos anos coa Escola de Lourizan e xa ultimamente coas prácticas dos nosos alumnos na base helitrasportada de O Campiño.
Recibeu o Batelumes de ouro á súa traxectoria no 2007.
Home excepcional, sempre disposto a axudar aos seus compañeiro cun sorriso na boca.
Descanse en paz.
Campamentos de Verano de la Xunta 2023
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 18 de abril ata o 2 de maio.
Mércores 14 de xuño ás 16:00 h.
Cubre o formulario para anotarte,
e se non podes acudir nesa data, indicao no mesmo para buscar unha alternativa".
RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral da Función
Pública, pola que se acorda o peche de determinadas listas, así como a apertura
doutras para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal
de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario
interino, correspondentes a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e
especialidades.
Poderían optar a eles aqueles alumnos ou exalumnos que puxesen en marcha algunha iniciativa empresarial que contribúa de maneira singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o día 20 de febreiro
As iniciativas que se van a premiar deben cumprir estes dous requisitos:
-Que se localicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
-Que estean executadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria e non en fase de deseño ou execución
-Exclúense destes premios as iniciativas:
-Que obtivesen premio nalgunha das anteriores edicións dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural ou do premio Agader ao embelecemento do medio rural.
-Que se desenvolvan nos sectores da pesca e a acuicultura.
-Que estean relacionadas coa exportación a terceiros países ou a Estados membros.
-O importe do premio é de 10.000 euros
As categorías que serán premiadas son as seguintes:
-Categoría mocidade, para as iniciativas levadas a cabo por persoas mozas, que constitúan unha aposta polo presente e o futuro do medio rural galego e da súa poboación. Para estes efectos, terá a consideración de moza quen non teña máis de corenta anos na data en que finalice o prazo para presentar a iniciativa ou, no caso de persoas xurídicas, cando polo menos o 25 % dos seus membros cumpran este requisito.
-Categoría paisaxe rural, para as iniciativas de intervención, mellora e posta en valor das paisaxes rurais produtivas de Galicia nos que se integren os elementos e valores culturais e naturais co aproveitamento agrario.
-Categoría proxectos de interese social, para as iniciativas orientadas á integración dos colectivos máis desfavorecidos, á inserción social ou ao coidado dos nosos maiores.
-Categoría turismo, para as iniciativas que contribúan ao desenvolvemento económico potenciando a ampla riqueza dos recursos turísticos do medio rural de Galicia.
-Categoría sector agrogandeiro, para as iniciativas desenvoltas dentro dos sectores de gandería, agricultura e/o transformación agroalimentaria que aposten polo valor engadido na súa produción.
-Categoría mulleres, para as iniciativas levadas a cabo por mulleres ou destinadas a elas, no medio rural, desde unha óptica de igualdade e progreso, en que sexan fundamentais valores como o asociacionismo, a profesionalización e a innovación.
-Categoría innovación tecnolóxica, para as iniciativas desenvoltas no rural galego que incorporen a innovación para obter un novo produto ou mellorar a calidade nos seus produtos ou servizos, para diminuír custos, para ofrecer unha maior gama de produtos ou servizos ou para ser máis rápidas na súa introdución no mercado.
-Categoría recuperación e posta en valor da terra agraria, para as iniciativas que contribúan, directa ou indirectamente, a recuperar e poñer en valor terras que están infrautilizadas.
Ligazón á sede electrónica onde poderedes atopar toda a información relativa a estes premios.
RESOLUCIÓN de 30 de noviembre de 2022, de la Viceconsejería de Administraciones
Públicas y Atención al Ciudadano, por la que se convoca proceso selectivo para el
ingreso, por el sistema de acceso libre, en el Cuerpo de Ayudantes Facultativos, Escala
de Agentes Medioambientales, de la Administración de la Comunidad de Castilla y León.
Troitas e anguías foron liberadas de novo no río nunha intervención na que participaron, ademais de axentes ambientais, alumnos de 2º de Cilo Medio da Escola de Capataces Forestais de Lourizán.
.
Xornada impartida por Javier Silva Pando. Investigador do CIF Lourizan sobre os sistemas agroforestais e o uso da raza autóctona de Porco celta.
A inauguración da undécima edición de Edugal, o Salón da educación e formación de Galicia, que bate récords de participación con 65 expositores no Recinto Feiral de Pontevedra.Un ano máis o CFEA de Lourizan esta presente no salón, como se poden ver nas fotos o noso stand foi moi visitado e despertou o interés de moita xuventude.
O Equipo de Programas Internacionais convoca ao alumnado do ciclo formativo de grao medio Aproveitamento e conservación do medio natural do CFEA LOURIZÁN a participar nas mobilidades de prácticas Erasmus+ que se realizarán durante o presente curso.
PRAZO:
O prazo de presentación das solicitudes é dende o día 21 de outubro, data da publicación desta convocatoria, ata o día 31 de outubro, ambos inclusive.
SOLICITUDES:
Para poder participar nas mobilidades Erasmus+ do presente curso 2022/23:
Será necesario cubrir e enviar o formulario publicado na web do centro para tal fin.
Superar o proceso selectivo.
Tendo en conta o país de destino, deberase cumprir co protocolo COVID-19 establecido no país correspondente.
FORMULARIO SOLICITUDE MOVILIDADADES ERASMUS+ PARA REALIZAR A FCT CURSO 2022/23.
Orde do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as
bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de
condución das clases B e C e D á mocidade galega.
Traballo de investigación titulado: "Estudo sobre a dieta da Vespa velutina" do Cfea Lourizan recibe o Premio patrocinado por Hifas da Terra. Entrega o premio Diego Rubianes, de Hifas da Terra.
Pontenciencia, Educación Concello de Pontevedra e a F E C Y T · Ciencia e Innovación · do Ministerio de Ciencia e Innovación, nun proxecto no que tamén colaboran a Deputación Pontevedra, e a Universidade de Vigo Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
!!!Xa temos na escola o Simulador Ponsse¡¡¡, nas imaxenes mostra a chegada, e montaxe do simulador,estamos procedendo a sua posta a punto e configuración , para cando proceda facer uso del como complemento as clases.
A firma, nacida ao abeiro de Rexurdir Provincial, encárgase do mantemento das hortas urbanas do Concello .O maior pico de traballo prodúcese nos meses previos ao verán para realizar limpezas de maleza nos terreos próximos ás casas.
A persoa que localizou a planta e Adrián alumno de 1CS que xa fixo na Escola de Capataces de Lourizan Ciclo Medio. O ano pasado realizóu a FCT na asociación Vai polo río.
O pasado mércores comenzaron a colaborar nas Rutas os alumnos e alumnas do Ciclo Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Lourizán, que continuarán a botar unha man durante as tres vindeiras semanas, cada semana cun alumno ou alumna distintos".
O CFEA LOURIZAN dona a ADEGA 725 plantas para tres iniciativas de restauración ambiental:
* Monte da Fraga en colaboración coa Universidade da Coruña.
* Eira da Xoana en colaboración coa fundación Eira.
* Couto da Eirexiña proxecto de custodia entre ADEGA e CMVMC
Rebordelo no concello de Cerdedo-Cotobade .