As prácticas son parte inseparable dos currículos dos ciclos impartidos neste centro. Supoñen, xunto ás clases teóricas de aula, o contido de cada módulo.
Na sección do Histórico podes consultar as prácticas , saidas e visitas formativas realizadas noutros anos.
Saída formativa do alumnado de 2º do ciclo medio de Aproveitamentos e Conservación do Medio Natural a Escola de Enxeñería Forestal.
Temos que agradecer a Escola de Enxeñería Forestal a boa disposición para ensinarnos os últimos avances no aproveitamento da biomasa, eses refugallos que nunha certa cantidade son moi beneficiosos deixalos no chan pero que en moita cantidade poden ser moi perigosos por aumentar o risco de incendios.
Así aprendemos a facer péllets, aprendemos o que son as briquetas, aprendemos a importancia da normalización nos ensaios de biomasa. Os estándares de calidade dos péllets. E sentimos o agarimo de todo o profesorado que nos acompañou na saída formativa. Grazas a Luis Ortiz e Antonio Vázquez por poñer todo o seu coñecemento a nosa disposición e deixar que o alumnado de posgrado nos contasen sobre as súas investigacións.
Formación e saída formativa a un aproveitamento forestal do alumnado de 1º do ciclo superior de Xestión Forestal e do Medio Natural.
Grazas a LugoMadeira que organizaron e posibilitaron a formación e a saída formativa a un aproveitamento forestal in situ.
Falouse da situación actual do sector e fixeron unha pequena formación cun simulador de maquinaria forestal
O aproveitamento forestal foi nunha parcela de eucalipto nun monte conveniado pola empresa ENCE no monte de Xiabre.
É de resaltar as medidas de seguridade que leva a cabo a empresa nos aproveitamentos. Tanto no uso de motoserra, da procesador forestal e do autocargador.
O alumnado puido subir as máquinas e facer as cuestións que considerou pertinente.
Saída formativa do alumnado de 1º do ciclo superior de Xestión Forestal e do Medio Natural a Escola de Enxeñería Forestal.
A proximidade entre centros de referencia de tanto nivel fan a Escola de Capataces de Lourizán un lugar privilexiado para colaborar e acceder a unha formación e a unha posta en común con organismos que de outra forma sería inviable. Esto, evidentemente,enriquece enormemente a formación do alumnado dos ciclos que oferta o CFEA de Lourizán.
O día 10/12/2025 a visita foi a Escola de Enxeñería Forestal.
Temos que agradecer a amabilidade dos docentes de esta escola e o agarimo con que nos trataron.
Desfrutamos da xiloteca, probamos o corte de unha torada nun serradoiro móbil e nos atrevemos a iniciarnos do mundo dos drons, GNSS, estacións total e todo o que eso implica na obtención de datos útiles no mundo forestal e medioambiental con tecnoloxía LiDar, fotogrametría, radar, ...
Grazas a Luis Torres, Luis Somozas e a Óscar González pola atención e por todo o que aprendemos.
Formación e saída formativa a un aproveitamento forestal do alumnado de 1º do ciclo superior de Xestión Forestal e do Medio Natural.
Grazas a LugoMadeira que organizaron e posibilitaron a formación e a saída formativa a un aproveitamento forestal in situ.
Falouse da situación actual do sector e fixeron unha pequena formación cun simulador de maquinaria forestal
O aproveitamento forestal foi nunha parcela de eucalipto nun monte conveniado pola empresa ENCE en Viascón (Cerdedo Cotobade).
É de resaltar as medidas de seguridade que leva a cabo a empresa nos aproveitamentos. Tanto no uso de motoserra, da procesador forestal e do autocargador.
O alumnado puido subir as máquinas e facer as cuestións que considerou pertinente.
O 16 de decembro de 2025, alumnos dos módulos de Defensa contra Incendios dos cursos de segundo de Ciclo Medio e de Ciclo Superior, acompañados polos profesores Fátima Fernández e Pablo Pérez, visitaron as instalacións do Centro de Coordinación Central do SPIF en Santiago de Compostela. Foron recibidos por Manuel Rodríguez Vázquez, (Director Xeral de Defensa do Monte), por Fernando Veiga, (Subdirector Xeral de Defensa do Monte) e por Gustavo Álvarez Bea, (Coordinador de Sistemas e Tecnoloxías de información).
Comprobaron as funcións do CCC, e as innovacións tecnolóxicas aplicadas á xestión na extinción de incendios e integración dos distintos medios e sistemas relacionados coa prevención e extinción de incendios forestais. Tamén houbo unha rolda de preguntas sobre a probelmática pasada, actual e futura dende o punto de vista de quen os combate todo o ano e comproba a evoolución no tempo deste problema.
O noso agradecemento pola boa acollida e excelente explicación.
Na mañá do 9 de decembro, Matías Búa, da empresa Millasur, pasou por Lourizán e deu unha charla sobre un robot desbrozadora que trouxo con idea de traballar con el, pero dado o mal tempo, optouse por unha demostración estática.
Os alumnos que acudiron á charla, foron os de segundo curso de Ciclo Medio en Aproveitamentos e Conservación do Medio Natural e os de segundo curso de Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural acompañados polos profesores Begoña Castiñeiras e Pablo Pérez.
O robot é capaz de traballar en pendentes de 55º de inclinación lateral, e ao ser remoto o seu uso, (300 m teóricos de alcance) non reviste perigosidade para o operario, sendo unha ferramenta moi útil en traballos en zonas de grande pendente e posibilitando a mecanización en zonas antes non acadables de forma mecanizada.
A charla resultou moi interesante e despertou bastante curiosidade entre os alumnos.
O 25 de novembro, os alumnos de segundo curso de Ciclo Medio en Aproveitamentos e Conservación do Medio Natural e os de segundo curso de Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural do CFEA Lourizán, acompañados polos profesores do CFEA Fátima Fernández e Pablo Pérez, e pola Axente Forestal Maria Fe Pastoriza, xunto con alumnos e profesores do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia (Ourense), participaron dunha viaxe formativa ás instalacións do Centro Integral de Loita contra o Lume (CILL) no concello de Toen (Ourense) e tamén á Base de Helicópteros de A Merca.
No CILL fomos acollidos por personal da UTA do SPIF, que nos deu unha charla sobre a historia do centro e a evolución dos incendios forestais nos últimos anos en todo o mundo. Este centro xa está a ser empregado na formación do personal de bombeiros forestais do SPIF, e tamén doutros lugares de España e Europa, sendo xa un referente na preparación teórica e práctica de moitos corpos de bombeiros.
Puidemos ver as instalacións para a preparación física, condución todoterreo, e unha demostración dunha manobra de autoprotección dunha infraestrutura empregando dúas lanzas desenvolvidas no propio centro.
Despois acudimos á Base de A Merca, onde o personal de Airworks que xestiona a base, tamén nos acolleu nas instalacións e déronnos unha charla sobre o seu traballo nos incendios, traballos na base e preparación física, teórica e práctica de cara ao combate aos incendios forestais. Tamén vimos a estatística que manexan no tocante ás intervencións en incendios desta pasada campaña.
Xa no helicóptero, a tripulación explicounos as carácterísticas do Bell 412 alí despregado e a brigada fixo unha demostración de embarque, desembarque e pregado do helibalde que leva este helicóptero.
Agradecer ao SPIF dende o CCP de Ourense, que facilitou esta actividade, e en concreto aos compañeiros do IES Cidade de Antioquía de Xinzo, en concreto a Andrés, que xestionaron as visitas cos diferentes centros.
Interpretación ambiental no rego das Louriñas realizado polo CFEA Lourizan cos Alumnos de 2º de Ciclo Medio e ca Participación do curso de sexto de Primaria do CEIP de San Martiño da parroquia de Salcedo en Pontevedra.
Saída formativa do alumnado dos ciclos medio e superior para coñecer algúns dos proxectos que se están desenvolvendo no parque natural e a diversidade de aproveitamentos, programas e funcións ecosistémicas que se están a desenvolver na Comunidade de Montes de Baroña.
No parque natural o alumnado tivo a oportunidade de aprender as multitudes de figuras de protección que existen no lugar e as dificultades para ordenar unha zona protexida.
A nivel máis práctico tiveron ocasión de coñecer como se coloca unha trampa para o visón americano, especie exótica invasora presente no parque e un proxecto moi interesante sobre o sapoconcho autóctono (Emys orbicularis)
Sobre a comunidade de montes dicir que é un bo exemplo sobre como aproveitar o monte e así obter todo tipo de beneficios económicos, ambientais e sociais. Innovar e prestarse a colaborar coas infinidade de entidades públicas e privadas para o seguir innovando nos aproveitamentos forestais e mellorar a súa contorna.
Quixeramos agradecer a colaboración de todo o persoal implicado nesta saída pero especialmente a Eladio por parte do parque natural e a Ovidio, presidente da Comunidade de Montes de Baroña.