Video sobre a escola
Formación Reglada Forestal en Galicia.
Moitos moz@s, do medio rural coma urbano, con inquietudes por coñecer e traballar na conservación da natureza e na explotación sostible dos recursos forestais, reciben unha formación participativa que lles permite aprender facendo. Esta formación realízase a través das seguintes actividades:
1000 horas de traballos prácticos
Visitas formativas
Prácticas en colaboración con institucións públicas e privadas (concellos, montes veciñais, Administración Pública, empresa privada, etc.)
Formación en empresas colaboradoras
A situación do centro no predio Montero Ríos fai que dispoñamos dunha extensión de 50 ha, que se converte no noso propio campo de prácticas e que nos permite integralas no día a día. Por iso se trata do lugar idóneo para realizar uns estudos que necesitan dun gran número de actividades no monte, onde se aplican os coñecementos teóricos á práctica, de xeito que se garante a formación duns traballadores cualificados e responsables.
Panorámica aérea
Algunhas das nosas Prácticas cos Alumnos.