Proceso Admisión 2025/26-Adxudicación continuada (chamamento) 1 setembro ás 9:00 horas ao 26 setembro ás 13:00 horas
O mais relevante relacionado coas funcións da nosa secretaría do centro se publicará nesta sección.
As prácticas son parte inseparable dos currículos dos ciclos impartidos neste centro. Supoñen, xunto ás clases teóricas de aula, o contido de cada módulo. A continuación podedes consultar a información sobre os equipos de protección individual (EPI) que se necesitan para a realización das prácticas.
O día 8 de setembro na presentación do curso se explicara con mais detalle todo o relacionado ca vestimenta.
*Para facilitar a compra da roupa de traballo que se vai usar nas prácticas, o centro ponse en contacto cunha empresa para tallar a aqueles alumnos que así o desexen o principio do curso no horario que se indicara. Xúntase un arquivo cos prezos da roupa obrigatoria.
Publicouse no DOG Núm. 133 do Luns, 14 de xullo de 2025, a resolución que regula a residencia e comedor do CFEA para este curso 2025-2026.
A solicitude poderedes realizala do 15 de xullo ao 31 de xullo de 2025
Formas de presentar a solicitude:
por vía telemática na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal a través dun formulario normalizado (código MR207A). (Enlace directo o procedemento: Fai click aqui
Presencialmente nalgún rexistro da Xunta.
Para realizar a solicitude de forma telemática é preciso que dispoñades de certificado electrónico ou Chave 365.
Tamén se achega o documento de solicitude presencial.
Mais adiante sairá unha resolución ca adxudicación das plazas e antes de que comece o trimestre deberedes presentar o pago do mesmo para poder desfrutar dos servizos.
No caso de que haxa mais solicitudes que plazas, estas deberán baremarse, polo que é moi importante que cubrades axeitadamente a solicitude.
As persoas que xa tiveran praza o curso pasado a conservarán, sempre que presenten a solicitude en prazo.
Decreto DOGA 25/26 SOLICITUDE RESIDENCIA MAIS INSTRUCCIONS
IMPORTES POR TRIMESTRES CURSO 2025/2026
Unha vez que estés admitido/a e teñas praza neste centro tes que presentar a
seguinte documentación para formalizar a matrícula:
2. Menores de 28 anos: Resgardo bancario do pago do Seguro Escolar
(Importe: 1,12€ (N.º conta ES83 2080 0388 2331 10003787). No concepto do
ingreso ten que aparecer: NIF, Nome completo do alumno/a e CFEA
Lourizán.
3. Fotografía tamaño carné do/da estudante a cor, co nome escrito pola parte
de atrás.
4. Fotocopia DNI alumno/a e fotocopia do DNI dos pais se o estudante é
menor de idade.
5. Fotocopia tarxeta Seguridade Social.
6. 1 Paquete de folios A4.
7. Documentos de autorización adxuntos cubertos e asinados:
* Autorización acceso expediente.
* Autorización para a publicación de imaxes menores de idade.
* Autorización para a publicación de imaxes maiores de idade.
* Autorización para a conducción de vehículos menores de idade.
* Autorización para a conducción de vehículos maiores de idade.
* Autorización para saídas menores de idade.
8. IMPRESCINDIBLE: os alumnos deben descargar a aplicación ABALAR. As comunicacions do centro serán por esta canle.
Dita documentación tedes que presentala na Secretaría da Escola en horario de
martes ao venres de 9:00 a 13:00 entre o 15 e o 18 de xullo.
Reservar Matrícula e Renunciar á praza adxudicada: Ciclosadmision
Publicadas as instrucións do Proceso de Admisión a Ciclos de Formación Profesional para o curso 2025/2026.
Guía rápida solicitudes ordinaria (durante os períodos de solicitude) .
Asistente informático (Para realizar a Solicitude vía web) (Activo soamente durante os períodos de solicitude) .
Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o Código Persoal de Consulta .
Consulta de estado de solicitudes/adxudicación e Reclamacións.
* Horario atención ao público da Secretaría de 9:00h a 13:30h.
*Máis información na páxina web: https://www.edu.xunta.gal/fp/
ALUMNADO QUE PROMOCIONA O SEGUNDO CURSO DO CICLO FORMATIVO.
Calendario de examenes finais.
Horarios exames, proxectos e reforzos Xuño 2025 Ciclo Medio.
Horarios exames, proxectos e reforzos Xuño 2025 Ciclo Superior.
O mércores 4 de xuño de 2025 ás 16:00 haberá unha xornada de portas abertas para coñecer o centro.
Para inscribirse, poden mandar un correo electrónico a: cfea.lourizan@edu.xunta.gal ou chamar por teléfono ao 986 80 50 88.
Chegaron os titulos académicos dos Ciclo Medio e Superior do ano 2023 . Podedes pasar pola Secretaría do Centro a recollelos.
BECA XERAL
Curso 2025/2026
(FP, Bachillerato e outros)
O prazo de solicitudes e do 24 de marzo as 8,00 o 14 de maio as 15,00 horas.
ORDE do 4 de febreiro de 2025 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
O módulo profesional de Inglés profesional, será obxecto de validación, sempre que se trate da mesma lingua, con módulos profesionais ou as certificacións académicas oficiais de nivel avanzado B2, para ciclos formativos de grao superior, de nivel intermedio B1 ou superior, para ciclos formativos de grao medio, e titulacións universitarias oficiais en Filoloxía ou Tradución e Interpretación da especialidade de Inglés.
A residencia permanecerá aberta para os residentes durante todos os días lectivos do centro que non sexan vésperas de festivo.
Os residentes poden entrar na residencia os Luns (ou o primeiro día lectivo da semana) a partir das 8:30 e terán que abandonar a mesma os Venres (ou último día lectivo da semana) as 14:30 h, este horario poderá sufrir algunhas modificación das cales a dirección do CFEA deberá informar a todos os residentes.
No momento da incorporación á residencia, a persoa residente non poderá estar acompañada.
No momento de entrada na residencia tomarase a temperatura o residente a través de dispositivos de lectura biométrica que non impliquen contacto físico.
Os residentes deberán traer a súa propia lencería de cama (cama de 90 cm) e toallas, que deben ser renovadas unha vez por semana.
Os residentes deben acreditar mediante certificado médico oficial calquera incidencia que afecte o normal desenvolvemento da vida residencial, que o presentarán no prazo de 2 días desde a resolución de adxudicación defintiva, mentres tanto deberán entregar unha declaración responsable sobre o seu estado de saúde segundo o modelo que se lle facilitará no momento da súa incorporación ao centro.