As prácticas son parte inseparable dos currículos dos ciclos impartidos neste centro. Supoñen, xunto ás clases teóricas de aula, o contido de cada módulo.
Na sección do Histórico podes consultar as prácticas , saidas e visitas formativas realizadas noutros anos.
Os Alumnos de primeiro de Ciclo medio e Primeiro de Superior, visitaron Viveiros Growin en donde poideron observar un viveiro punteiro en tecnoloxía calidade e productividade na produción de diferentes especies de plantas, onde fomos moi ben acollidos e queremos agradecer a atención recibida polos seus propietarios.
Os Alumnos de primeiro de Ciclo medio e Primeiro de Superior visitaron as instalacións de SENFOR en donde Alberto e Angel lle explicaron o seu funcionamento, e todos os procesos que fai a Conselleria para a obtención e produción de sementes de distintas especies forestais que son posteriormente empregadas nos viveiros. Gracias pola acollido e atención recibida.
O alumnado do CFEA - Lourizan ven de guiar o alumnado de 5º e 6º de primaria do C.E.I.P San Martiño de Salcedo, dende o lugar da Torre ( Lourizan) o lugar da Almuiña (Salcedo ) atraves do Proxecto Rios no Rego Das Louriñas. Tratamos unha vez mais facer que no presente se coñeza o pasado para ter mellor futuro.
Participación da escola en colaboración co centro de investigación forestal de Lourizan, co doutor Silvapando na produción de Fagus sp. e Abies sp de diferentes rexións de procedencia de toda europa para avaliar a súa posterior adaptación a distintos lugares e estudar o seu desenvolvemento #ante os novos retos expostos polo cambio climático.
Práctica de cultivo de cogomelos en troncos de chopo e carballo de shiitake, pleorotus ostreatus e reishi con primeiro de medio e primeiro de superior impartido polo experto micólogo Miguel Tembra.
Alumnos do primeiro curso do Ciclo Medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural do CFEA de Lourizán visitan a estación Fitopatolóxica do Areeiro, en donde poderon apreciar o traballo que desenvolven.
Moitas grazas polo recibimento.
Presidente da comunidad de montes de Salcedo onde comparte con nos a situación e necesidades das parcelas eo que se podería facer.
As propostas son nosas e agradecemos a colaboración da comunidad de montes e comunidades educativas dos C.E.I.P.de Cabanas e C.E.I.P. de San Martiño.
Un alumno do C.F.E.A. de Lourizán explicando aos pais dos rapaces pequenos todo o proceso que se fixo anteriormente e os traballos que se van levar a cabo.
Unha nai e a súa filla realizando traballos de campo
Alumnado do C.F.E.A. de Lourizán explicando e enseñando a os rapaces uns dos traballos que se levaron a cabo, a eliminación de especies invasoras, neste caso da Acacia dealbata.
Na plantación realizada polo Distrito XIX participou o alumnado da escola de Formación de Lourizan, xunto co alumnado de 1º da ESO do Colexio Filipenses Sagrada Familia de Vilagarcía de Arousa.
Alumn@s dos segundos cursos dos ciclos medio e superior do CFEA de Lourizán son recibidos na instalacións de Ence en Lourizán,nunha visita formativa para coñecer os criterios na xestión forestal nos montes xestionados pola empresa, a cadea de suministro, a xestión da loxística no parque de madeira e o proceso produtivo para a obtención de celulosa e enerxía a partir da biomasa.
Alumn@s dos segundos cursos dos ciclos medio e superior do CFEA de Lourizán participan xunto coa EPRIF de Pontevedra, Brigada helitransportada de O Campiño e Motobomba de Castrove nunhas xornadas practicas para o emprego de ferramentas manuais na extinción, realización de tendidos de mangueira e queimas controladas. Unha xornada para que o noso alumnado coñeza o dispositivo de incendios. Moitas gracias á EPRIF e ó persoal do distrito XIX
Alumnado de 2° curso de Ciclo Medio e de 1° curso de Ciclo Superior do CFEA de Lourizán realizan unha visita formativa á Escola de Enxeñeiros Forestais de Pontevedra para coñecer diversos aspectos sobre novos usos da madeira, tipoloxía e usos da Biomasa en Galicia e sobre os diferentes procesos para a súa obtención. Moitas gracias a Luís Ortiz, Óscar González e Antonio pola súa colaboración na formación do noso alumnado.
Axentes Ambientais do DXVI participan nunha xornada de formación e divulgación co alumnado dos segundos cursos do Ciclo Medio en Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e do Ciclo Superior de Xestión do Medio Forestal do CFEA de Lourizán, para dar a coñecer as queimas prescritas coma ferramenta para a prevención de incendios mediante o teselado do territorio e o adestramento dos equipos de extinción do Servizo de Defensa contra Incendios Forestais.
A EPRIF de Pontevedra participa nunha xornada de formación e divulgación co alumnado dos segundos cursos do Ciclo Medio en Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e do Ciclo Superior de Xestión do Medio Forestal do CFEA de Lourizán. Nesta xornada @s alumn@s puideron coñecer os medios q o ministerio de transición ecolóxica pon a disposición para o apoio ás comunidades autónomas, o traballo das EPRIF na conciliación de intereses no medio rural e no deseño e execución de queimas prescritas e a súa utilidade como ferramenta para a prevención contra incendios forestais e tamén puideron coñecer unha serie de recomendacións para usuarios do medio forestal de cara á prevención e minimización do impacto dos incendios forestais.
Alumnado dos segundos cursos do Ciclo Medio en Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e do Ciclo Superior de Xestión do Medio Forestal do CFEA de Lourizán visitaron a Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias en Silleda e o II congreso Internacional de Incendios Forestais, unha oportunidade de coñecer a xestión das operacións en incendios forestais.
Alumn@s dos segundos cursos dos ciclos medio e superior do CFEA de Lourizán realizan visita formativa ó aeródromo militar de Lavacolla onde integrantes do @43grupo pioneiros no emprego de avións anfibios na extinción de incendios forestais nos deron unha perspectiva histórica e práctica do funcionamento do grupo, instalacións e aeronaves. Moitas grazas por unha visita inmellorable.
Alumn@s dos segundos cursos dos ciclos medio e superior do CFEA de Lourizán son recibidos na Dirección Xeral de Defensa do Monte nunha visita formativa para coñecer a importancia das innovacións tecnolóxicas, a coordinación dos distintos medios que interveñen e a loxística na xestión dos incendios forestais dende o Centro de Coordinación Central en Galicia.
Procedeuse a eliminación de Tradescantia fluminenses e o plantado de Woodwardia radicans para o seu control.
Desde hoxe día 04/10/23 e ata o venres estamos co noso estand en EDUGAL. Pontevedra.
Estamos tendo moitas visitas no noso estand o cal agradecemos a todos os que pasaron por ali.
Alumnos de segundo e primeiro dos ciclos medio e superior da Escola de Capataces Forestais de Lourizán e do instituto alemán de Bielefeld asisten a unha visita formativa xunto coa xunta rectora da CMVMC de Meira para coñecer o seu proxecto de xestión multifuncional do monte comunal, onde puidemos ver a xestión de gando caprino para o control de matorral, colmeas para a produción de mel, unha masa consolidada de frondosas, a conservación e valorización do patrimonio cultural e a realización de aproveitamentos madeireiros en franxas de xestión da biomasa da lei de incendios. O noso agradecemento a Sergio, Manuel, Javier e demais membros da xunta rectora por acompañarnos e facernos partícipes da súa xestión.
Como todos os anos, e xa van uns cuantos, e sempre coa colaboración do axente medioambiental Gónzalo Gamallo e neste día os seus compañeiros (Tobío, Esther e Noelia), o Alumnado de 2º de Ciclo Superior participou na pesca eléctrica para levar a cabo o inventario no río Loira,e un ano mais sorprèndenos coas marabillas que nel se agochan.
Alumnos de segundo curso dos ciclos medio e superior da Escola de Capataces Forestais de Lourizán e do instituto alemán de Bielefeld asisten na base Helitransportada do Campiño en Pontevedra a unha charla divulgativa sobre o papel dos medios aéreos na extinción de incendios forestais en Galicia. Moitas gracias a Alfredo Couceiro, Bombeiros Forestais e tripulación das aeronaves por facer posible esta visita e contribuír ó mesmo tempo á formación dos nosos alumnos e á divulgación do traballo do dispositivo de defensa contra Incendios Forestais de Galicia
O martes 26 de outubro os alumnos de 2º de Ciclo Superior visitaron O Tecor a Fornalense. Membros da xunta xestora, en concreto o ex alummno da escola Sergio Suarez, explicounos difefentes cans de caza e realizou unha pequena demostración. Logo vistamos un criadeiro de coello en semilibertade, procedeuse a repoboacion con perdiz rubia e finalmente visitamos o foxo do lobo de...Chan de Anduriña.
Ademais visualizamos pisadas de xabaril, lobo, raposo e corzo.Tamen vimos puntos de auga para carga para helicóptero e motobomba. Os nosos agradecementos o Tecor.
O martes 3 de outubro os alumnos de 2CM e un grupo de alumnos alemáns da escola de Bielefeld cos seus profesores participaron nunha actividade con Javier Silva Pando, investigador do CIF de Lourizán para coñecer a parcela REINFFORCE que temos en Lourizán.