PRACTICAS,SAIDAS E VISITAS FORMATIVAS


CURSO 2022/23

Na sección do Histórico podes  consultar as prácticas , saidas e visitas formativas realizadas noutros anos.

Viaxe formativa a Muniellos, cos alumn@s de  primeiro curso do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural.

Día 1.

 Os alumn@s de primeiro curso do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural reciben unhas charlas por parte da gardería do Principado de Asturias e de persoal da Fundación Ouso Pardo sobre a conservación do urogallo e do oso pardo e acompáñannos nunha visita para a observación de especies. Moitas grazas a Juan Carlos e Luís por estas charlas.

Viaxe formativa a Muniellos, cos alumn@s de  primeiro curso do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural.

Día 2 (Mañá).

 Os alumn@s de primeiro curso do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural son recibidos pola Corporación Municipal de Ibias, a empresa pública Tragsa de Asturias, representantes das comunidades de montes veciñais en man común da zona, persoal técnico e gardería de Medio Natural da Consellería de Medio Rural e Cohesión Territorial do Principado de Asturias, para coñecer sobre o terreo o proxecto de restauración ambiental da mina de Tormaleo. A todos eles noso máis sincero agradecemento pola colaboración na formación dos nosos alumn@s.

Viaxe formativa a Muniellos, cos alumn@s de  primeiro curso do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural.


Día 2 (tarde).

 Os alumnos de primeiro curso do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural visitan a lechería hidráulica "A Popular" un proxecto de recuperación da historia da zona e a aula Xeolóxica de "O Robledal" onde José atafegounos cos seus coñecementos sobre o pasado mineiro da zona, fósiles e minerais.



Viaxe formativa a Muniellos, cos alumn@s de  primeiro curso do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural.

Día 3. 

Os alumn@s de primeiro curso do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural realiza roteiro de 20 km na Reserva Natural Integral de Muniellos. Esta visita non sería posible sen a orientación da dirección da reserva (moitas grazas Jaime) e do persoal do centro de recepción de visitantes moi atento cos nosos alumn@s.

Viaxe formativa a Muniellos, cos alumn@s de  primeiro curso do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural.

Día 4.

Os alumn@s de primeiro curso do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural realizan un pequeno roteiro coñecido como o "Roteiro dos Tejos milenarios" en compañía de Luís, gran coñecedor da zona e das súas plantas, grata compañía para un roteiro memorable. Pola tarde e xa entre Galicia e Asturias tivemos a oportunidade de visitar o "Ecomuseo o País do Abeyeiro"  da man de Alberto Uría, forestal-apicultor e a súa visión integradora da apicultura, desenvolvemento rural e conservación da biodiversidade.

Visita formativa ós montes de Fornelos no distrito 18.

O alumnado de primeiro e segundo curso do Ciclo Medio da Escola de Capataces Forestais de Lourizán realizan unha visita formativa ós montes de Fornelos no distrito 18 para poder comprobar "in situ" como funciona unha retro-araña na realización de traballos de repoboación forestal. Moitas gracias ó persoal do distrito 18 por colaborar con nós nesta actividade, en especial a Manuel Ogando e ó persoal da empresa pola súa atención.

Visita o centro, dos coordinadores autonómicos da UIFO, Unidade de Investigación de Incendios Forestais.

O alumnado dos Ciclos Medio e Superior da Escola de Capataces Forestais de Lourizán reciben a visita no centro dos coordinadores autonómicos da UIFO, Unidade de Investigación de Incendios Forestais, para falarnos da creación e do traballo desta unidade, a incorporación de novos medios tecnolóxicos na investigación de incendios e as peculiaridades deste traballo en Galicia

Día mundial da vida silvestre.

Hoxe 3 de marzo, día mundial da vida silvestre, conmemorado polo alumnado do CFEA lourizan de 1º Ciclo Superior Xestion forestal e do Medio Natural do Módulo de Técnicas de Educación Ambiental.

  Co alumnado de 1º, 2º,e 3º de Primaria do CEIP de Cabanas -Salcedo - Pontevedra, plantando un Bidueiral no patio que continuaremos asilvestrando ca plantación de mediciñais - herbáceas autoctonas o día mundial dos bosques , o próximo 21 de marzo, baixo o lema : " que as árbores non nos impidan velo Bosque "  e  plantaremolas co alumnado de infantil.

Visita formativa dos alumn@s de segundo curso dos Ciclos Medio e Superior ó Monte Cabalar na Estrada.


Coa visita formativa dos alumno@s de segundo curso dos Ciclos Medio e Superior da Escola de Capataces Forestais de Lourizán ó Monte Cabalar na Estrada, remata a formación dos alumnos no ciclo para a planificación, preparación sobre o terreo e execución de queimas prescritas, coma parte dos traballos preventivos realizados no Distrito XVI Deza-Tabeirós. Moitas grazas ós Axentes Barros e Félix e á Sociedade de caza Río Ulla por facer partícipes ós nosos alumn@s destes traballos.




Práctica de inxertos en castaño.

Práctica cos Alumn@s de 1º Ciclo de Superior de enxertos en castaño híbrido 7810 con variedade famosa de fendedura,e de coroa.

Visita formativa á Escola de Enxeñeiros Forestais de Pontevedra.

Alumn@s de 2° curso de Ciclo Medio e de 1° curso de Ciclo Superior do CFEA de Lourizán realizan unha visita formativa á Escola de Enxeñeiros Forestais de Pontevedra da man de Luís Ortiz e Óscar González para coñecer diversos aspectos sobre a tipoloxía e usos da Biomasa en Galicia.

 Visita formativa á comunidade de montes de Meira (Moaña).

Alumn@s de segundo curso de Ciclo Medio e primeiro de Ciclo Superior da Escola de Capataces de Lourizán, teñen a oportunidade de participar nunha visita formativa á comunidade de montes de Moaña acompañados polo seu presidente Javier e polo encargado Sergio puidemos ver a rotación de pastoreo no monte con peches fixos e cabras para reducir a carga de combustible no monte, monte no que tamén hai apiarios para a produción de mel e onde se fixeron diversos traballos para o mantemento e conservación dunha masa consolidada de frondosas. Tamén puidemos ver traballos de loita contra o chancro mediante o emprego de cepas hipovirulentas e os efectos da densidade de frondosas no control de Acacia melanoxylon así coma o manexo de masas mixtas de castiñeiro e bidueiro. Un paso máis na formación d@s alumn@s no coñecemento dos nosos recursos forestais.

Visita formativa e convivencia cos alummos de primeiro de Ciclo Superior  e segundo curso do Ciclo Medio do CFEA de Sergude.

Alumn@s de segundo curso de ciclo medio e primeiro de superior da Escola de Capataces de Lourizán, teñen a oportunidade de participar nunha visita formativa e convivencia cos alumn@s de primeiro de Ciclo Supeior e segundo curso do Ciclo Medio do CFEA de Sergude. Esta visita tivo lugar no predio de Sergude para coñecer o procedemento de alleamento dun lote de madeira da finca e as características fos aproveitamentos forestais q se están a executar. 

Nesta xornada de divulgación participou persoal técnico e Axentes Ambientais do distrito III, ós q agradecemos a dispoñibilidade e participación na formación dos alumn@s. 

Na visita ó monte puidemos observar "in situ" o proceso de elaboración en monte de vigas para bateas empregadas no cultivo do mexilón, sendo este un dos aproveitamentos forestais singulares da comunidade autónoma galega. Agradecemos pois ó persoal de Maderas Costiña S.L. pola súa colaboración e participación respostando as preguntas e facendo demostración destes traballos ós nosos alumn@s.

Gracias tamén ó CFEA de Sergude, ós seus profesores e alumnos deste centro irmán, por compartir con nós xornada para a formación dos forestais do futuro.

Acción formativa no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán da man de Raquel Díaz e o seu equipo de investigadores no eido da selección de planta de piñeiro resistente ó nemátodo (Bursaphelenchus xylophilus).


Alumn@s de primeiro curso dos Ciclos Medio e Superior da Escola de Capataces de Lourizán, teñen a oportunidade de participar nunha acción formativa no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán da man de Raquel Díaz e o seu equipo de investigadores no eido da selección de planta de piñeiro resistente ó nemátodo (Bursaphelenchus xylophilus). Un compromiso de dous centros de grande tradición forestal na transmisión de coñecemento e na formación dos futuros profesionais do sector.

Arrincado de castiñeiro hibrido.


Práctica cos Alumn@s de 1º Ciclo Medio e 1º de Ciclo Superior de arrincado de castiñeiro híbrido producido polo sistema de corte e recalce para logo utilizalo como portainxertos para inxertar sobre eles as variedades tradicionais de castaña de Galicia.

Visita a estación de captura do río Lerez.


Visita a estación de captura do río Lerez, 2º Curso de ciclo Medio, de la conservación de especies cinexéticas e piscícolas. Colabora o axente medioambiental Gonzalo Gamallo do Servizo de Patrimonio Natural.




Cursiño de atención a situacións urxentes.


Profesores e alumn@s de primeiro curso de Ciclo Medio e Ciclo Superior da Escola de capataces de Lourizán asisten a un cursiño de atención a situacións urxentes,  agradecemos a súa colaboración á enfermeira docente Emma Rodríguez Corte do sindicato de enfermería SATSE.




Estaquillado acebo ilex aquifolium.

Preparando a estaquilla de acebo ....traballando en equipo 1º de Ciclo Medio.



Exposición dos Traballos realizados na xestión, planificación e execución de Queimas.

Alumn@s de segundo curso dos ciclos medio e superior da Escola de Capataces de Lourizán, teñen a oportunidade de participar nunha acción formativa xunto cos axentes Félix e Barros do distrito 16 que expuxeron os traballos realizados na xestión, planificación e execución de Queimas Prescritas neste distrito. Un compromiso con esta escola e co traspaso de coñecemento ás futuras xeracións de Axentes Ambientais.

Visita Formativa o Caurel cos alumn@s de 2º curso de Ciclo Superior.

O alumnado de 2° curso do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural realiza un viaxe de prácticas ó Courel. Foron recibidos o primeiro día, na alcaldía de Folgoso do Courel pola alcaldesa Dolores Castro para dar a benvida e desexarlles unha boa e fructífera estancia. Neste primeiro día o alumnado tamén tivo a oportunidade de colaborar na rexeneración postincendio nos arredores da aldea de Vilamor. 

Os alumnos puideron comprobar de primeira man os efectos dos grandes lumes na ecoloxía, na paisaxe e na vida das persoas.

Nesta viaxe fíxose un percorrido pola Devesa da Rogueira e pola lagoa de Lucenza realizando medicións dasométricas no arborado da zona, en parcelas xa medidas en anos anteriores, onde tamén se puido observar a diversa flora de carácter atlántico e mediterráneo e a gradación altitudinal da mesma.

Tamén visitamos o Val da Moura, onde os castiñeiros, xunto a fentos, musgos e morcegos, comparten escenarios afundidos en rocha caliza.

Visitouse tamén unoa casa de Uxío Novoneyra, o poeta do Courel, coma mostra da íntima relación de paisaxe e cultura.

Coma parte de esta visita @s alumn@s tiveron contacto con productores do sector primario para coñecer distintas iniciativas da zona: produción de aceite de oliva na zona de Quiroga da man de Aceiroga, produción de mel de montaña da man de Coumel e O Galeirón, produtos derivados da castaña con Delicias do Souto e iniciativas turísticas co apiturismo de Coumel e sendeiros da natureza Pía Páxaro.

Tamén se puido conversar e coñecer as dificultades e oportunidades das zonas de montaña gracias á colaboración de persoas, asociacións e entidades coma a señora Pura de Seoane q nos falou dos seus soutos de castiñeiros e gandeiría, da evolución no tempo e da súa experiencia vital nesta zona de Galicia. 

Marcos Ferreira coma parte de directiva da comunidade de montes de Parada dos Montes do concello de Pobra do Brollón cóntoulles @s alumn@s a súa experiencia na xestión dun monte comunal, as dificuldades e oportunidades q atopan no seu día a día e a experiencia coa aldea modelo q veñen de constituír ademáis das súas vivencias persoais neste campo. 

Por último e gracias ás asociacións veciñais e veciñ@s puidemos coñecer os núcleos de Froxán e Vilamor e de q xeito os recentes lumes na zona afectaron ó medio e á vida das persoas, facendo un diagnóstico da situación actual e as perspectivas de futuro.

Como resultado desta visita, o Caurel voltou a namourar a profesores e alumn@s, e esperemos que, como o ano pasado, algún destes alumn@s faga as súas prácticas de empresa nestas terras. E porque non, que cheguen a ver na Serra do Caurel unha oportunidade laboral, onde castiñeiros, gando e mel precisan da incorporación de sangue novo. E non falamos por falar ... que llo pregunten a Antonio, alumno de 2CS do curso pasado que hoxe vive en Seoane do Caurel!


Práctica de Inventario Piscicola con 2º de Ciclo Medio.Na Asignatura Conservación de especies cinexéticas e piscícolas. 


Práctica de Inventario Piscicola con 2º de Ciclo Medio.Na Asignatura Conservación de especies cinexéticas e piscícolas. 

Un ano máis, realizamos un inventario piscícola no río Loira, mediante a modalidade de pesca eléctrica. Constatamos o bo estado do río Loira. Agradecer o axente medioambiental Gonzalo Gamallo pola sua implicacion e o resto do equipo do servizo de Patrimonio Natural. Profesor Juan M Mosquera González,colabora Miguel Castro.



VI Xornada de rexeneración do monte queimado en 2017 co IES Valderrosa en Ponte Caldelas.


Actividad destinada a alumn@s de 2°ESO, con duas brigadas do CFEA compostas por duas cuadrillas de cinco integrantes que se encargaran cada un de eles de entre dous e catro alumnos do IES.

A actividade tera unha duración de duas horas e media con media hora de descanso para os alumn@s y outra hora de preparativos.

O plan de actuación consiste na selección, eliminación especies invasoras pirófitas y plantación de nuevas especies autóctonas producidas nos viveiros do CFEA consistentes en  12 Plantas:


Arbutus unedo, Crataegus monogyna, Laurus nobilis, Acer pseudoplatanus, Betula,Prunus espinoso, Pyrus pyraster.


3 Recipientes, 5 semillas:  Verbascum thapsus, Lotus corniculatus,  Achillea millefolium, Trifolium protense.


Estaquillado sambucus nigra.

Estaquillado sambucus nigra cos Alumn@s de 1º Ciclo Medio, realizaron o estaquillado de 2200 estaquillas.

WhatsApp Video 2022-10-18 at 21.38.42.mp4
WhatsApp Video 2022-10-18 at 21.38.46.mp4

Visita formativa dos alumn@s de 2° de Ciclo Superior para ver o traballo do robot desbrozador.

Visita formativa dos alumn@s de 2° de CS para ver o traballo do robot desbrozador Roboevo de Energeen da empresa Maderdeza Forestal e Servicios, en zonas limitadas para roza mecanizada tradicional, para a preparación de queimas prescritas do distrito XVI. Os alumn@s teñen deste xeito a oportunidade de coñecer de primeira man gracias á empresa, á Sociedade de Caza Río Ulla e ós Axentes Ambientais Barros e Félix do distrito XVI, a planificación e execución destes traballos preventivos de incendios forestais.



WhatsApp Video 2022-10-18 at 21.38.45.mp4

Práctica de inxertado de chip de castaño híbrido con variedad famosa. Realizada cos Alumn@s de 1º de Ciclo Medio e de 1º de Ciclo Superior.

O enxerto en chip budding  aconsellado para portaenxertos delgadiños, de menos de 1 cm. Faise a finais da primavera e durante o verán. A principal diferenza co enxerto en T é que o corte da xema (con madeira) debe ser igual ao corte do portaenxertos, ao que se lle fai unha amosega. 



Prácticas de Incendios cos alumn@s de 2° curso do ciclo superior.


Prácticas de Incendios cos alumn@s de 2° curso do ciclo superior, con persoal do Distrito XIX - Brigada de Cotobade, que nos acompañaron para coñecer de primeira man as brigadas de bombeiros forestais do SPIF, e o vehículo con autobomba para intervención rápida, ferramentas, organización operativa da brigada.

Saída formativa ao TECOR   "A Fornelense"  de Fornelos de Montes cos Alumn@s de 2°Ciclo Superior.


Alumn@s de 2º curso de Ciclo Superior de Xestión do Medio Forestal e Natural, visitan o TECOR  "A Fornelense" situado en Fornelos de Montes, para coñecer en situ o funcionamento, as tarefas que levan a cabo,  e as modalidades de caza que empregan nese terreo cinexéticamente ordeado. Agradecementos a Plácido Pillado presidente do TECOR, Sergio Suárez exalumno, socio e membro de xuventudes pola caza, e a seu pai pola súa boa disposición e colaboración con nos.



WhatsApp Video 2022-10-05 at 09.03.37.mp4

Visita a Base Aerodromo de  Beariz cos alumn@s de 2º Ciclo Medio  2º de Ciclo Superior.

Alumn@s de 2°Curso de Ciclo Medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e 2°Curso de Ciclo Superior de Xestión do Medio Forestal e do Medio Natural visita a base de avións de carga en terra de Beariz para coñecer os medios empregados en Galicia na extinción de incendios forestais como parte da súa formación en materia de incendios. Agradecemos a dispoñibilidade e apoio do Servizo de Prevención de Incendios Forestais de Ourense e do Distrito do Carballiño, na formación destes futuros profesionais.



Vídeo nuevo.mp4

Visita a Base Helitransportada do Campiño en Pontevedra.

Alumn@s de 2° curso do Ciclo Superior de Xestión do Medio Forestal e Natural visitan a Base Helitransportada do Campiño en Pontevedra, para coñecer os Medios aéreos empregados na loita contra Incendios Forestais en Galicia, a organización e funcións do dispositivo e os traballos de Bombeiros Forestais, Axentes Ambientais e Técnicos Forestais. Un pracer a visita e o noso agradecemento pola atención recibida.



Conservación de especies cinexéticas e piscícolas.

Práctica do día 21 Modulo de segundo de ciclo medio modulo de Conservación de especies cinexéticas e piscícolas. ( Profesor Juan Manuel Mosquera, colaboran Axente Medioambiental Gonzalo Gamallo e Marifé Pastoriza). Descripición e obxetivos: a práctica tratou  de ver insitu tratamentos e ensaios de tratamentos para eleminación de acacia dealbata e melanoxilum que se realizaron nunha illa do Lerez, dentro do programa mil ríos. Ademaís visitamos unha zona restaurada polos alumn@s doutros anos. Esa restauración constou da eliminación de invasoras, saca de troncos dunha charca e consolidación da charca. Por último visitamos unha zona de actuación para este curso donde realizaremos as prácticas deste curso.





Plantación de cultivares de Acer palmatum para  a sua posterior propagación vegetativa.

Practica realizada cos alumn@s de 1º de ciclo medio e 1º de ciclo superior.