Cos alumnos de 1ºCiclo Medio e 1º Ciclo Superior realizamos a visita os viveiros, que TRAGSA ten en Maceda, nos cales pudemos, ver o traballo realizado no viveiro nas suas distintas fases. (sembras, zonas de crecemento, zonas de reforzo da planta) e o proceso de mecanizado de todas as labores.T amen contan con unha zona de cultivo invitro e de estudio de plagas. Agradecemos a colaboración do viveiro na visita.
Visita o parque Rupestre de Campolameiro con 1º de Ciclo Medio.
Como remata o curso os profesores Juan Manuel Mosquera, Antonio e Isabel Bernard visitamos o parque rupestre situado en Campolameiro.
Foi moi interesante. Alí nos recibiron a arqueóloga que nos guiou, o encargado de mantemento, Sergio Cespón, egresado do noso centro e a nosa alumna de FCT Nerea.
Interpretación e mellora dos Ecosistemas polos cursos de Ciclo M edio e Ciclo Superior do CFEA Lourizán.
O alumnado do CFEA Lourizan de 1 de CM e 1 de CS coa súa profesora Carmela, en colaboracion co profesorado da escola, conmemoraron o día do Medio Ambiente cunha ruta polo rego Louriñas e o espazo da Gandarela, onde explicaron as actividades de restauración ambiental que fixeron nel durante todo este ano. PARABÉNS!!👏👏👏 O roteiro foi un éxito!
Os alumnos de 1º de Ciclo Medio realizan un Proxecto consiste en acondicionar o marxe, da charca do rio retirando a acacia, e logo plantar estaquillas de salix atrocinerea...en colaboración co axente medioambiental Gonzalo Gamallo.
O alumnado de 1º de Ciclo Medio coa Colaboracion co Servizo Provincial de Pontevedra de Patrimonio Natural. Realizou unha plantación e posterior tutorado de amieiros nos marxenes do rio Lerez , como cuberta natural do marxen do rio. Agradecemento ao axente Gonzalo Gamallo.
Mediante solta do parasitoide especifico Torymus sinensis no campo de experimentación de castiñeiro do Cfea Lourizan. Colaboración con Seaga.
Realización de practicas na nosa finca de fresado e manexo do remolque.
Descifrando índice de calidade Biolóxica da auga por Macroinvertebrados con resultado esta vez de "Moi bo"
As/os nenas/os de infantil do colexio de S. Bieito de Lerez disfrutaron dunha mañan de accións por un mundo verde e limpo no CFEA de Lourizán, aportando a sua imparable enerxia de aprendizaxe e recibindo os coñecementos dos alumnos do CFEA de 1º Ciclo Superior de xestión forestal e do medio natural.
Saida conservación de especies cinexéticas e piscicolas. Lugar rio Lerez. Faremos un recorrido coa colaboración do axente medioambiental Gonzalo Gamallo donde observaremos a vexetación de riberia, as distintas escalas de peixes, visitaremos a estación de captura e faremos unha valoración dos traballos feitos polos distintos alumnos en anos anteriores de cara a restauración de ribeira.
Visita as instalacións da piscifactoria de Caballedo, ,adcrita o servizo de conservación da natureza de Pontevedra. O obxetivo é que os alumnos vexan as instalacións da piscifactoria atendendo a explicación do capataz de establecemto. Tamén verán os distintos reproductores de salmónidos e as distintas etapas dos salmónidos.
Dentro da incubadora alevin vesiculado.
O día 3 de Febreiro, o Curso de 2º ciclo Supeior xunto cos profesores do módulo Xestión de Pesca Continental, visitaron a piscifactoría de Carballedo situada no Concello de Cerdedo-Cotobade, onde se leva a cabo un traballo moi importante para a conservación do Salmón atlántico (Salmo salar), unha especie propia de Galicia, sobre todo das Rías Baixas, presente nos ríos Miño, Ulla e Lérez.
Arrinque de Cortaderia con Tractel, polo alumnado de 1CS
Un ano máis agradecer a colaboración do Axente Medioambiental Gonzalo Gamallo e ó seu equipo a práctica de inventario piscícola, que neste caso se realizou no Río Gafos. A práctica consistiu na explicación do protocolo de pesca eléctrica e no desenvolvemento da mesma. Dentro do proceso formativo, o CFEA de Lourizán pretende que o alumno comprenda a realidade dos ríos galegos, o seu grao de conservación e a forma de estudar os seus recursos.
O CFEA Lourizán , controla residuos un ano mais na Gandarela do rego das Louriñas .