CURSOS
Espazo para a publicación de diversidade de cursos que poden ser de interés.
Convocadas probas para a obtención dos certificados de lingua galega.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou no DOG do 06/03/2023, a Resolución pola que convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (niveis Celga 1, 2, 3 e 4) no ano 2023.
A convocatoria vai destinada ás persoas maiores de 16 anos, e as probas serán realizadas nos meses de maio/xuño de 2023, nas localidades de Santiago de Compostela e Ponferrada.
As solicitudes preséntanse pola sede electrónica da Xunta, no prazo de 15 días hábiles a contar dendeo o seguinte á publicación desta Resolución en DOG.
AGACA ofrece a 5 estudantes galegos preferentemente das ramas agrarias e fillos/as de socios/as de cooperativas a posibilidade de asistir a un curso de formación sobre sostibilidade e comunicación no sector gandeiro (Universidade de Turín-Italia do 17-21 de Abril...
...acompañados por dous técnicos/as de AGACA, cos gastos a cargo do proxecto Erasmus+ UpFarming), participar nun Taller de Sensibilización de Agricultores (en Galicia nos meses de outubro e novembro acompañados por técnicos/as de AGACA) e na última semana de xaneiro de 2024 deberán elaborar durante 4 días unha estratexia de avaliación e comunicación sobre a sostibilidade na gandería.
REQUISITOS:
· 18 a 35 anos.
· Estudantes de Licenciatura ou diplomatura en Ciencias Agrarias ou escolas semellantes (EN CURSO) ou Bacharelato de FP Agraria ou FP Superior Agrario.
· Residencia en Piamonte ou en Galicia.
Terán preferencia os candidatos coas seguintes características
· Interés nestes temas, polo que é necesario enviar unha carta de motivación - máximo 1 páxina, preferiblemente en inglés.
· Experiencia laboral, se houbese, no ámbito publicitario, tamén en explotacións familiares ou prácticas, para o que solicitamos currículum vitae.
· Idioma: Inglés como lingua vehicular pero tamén castelán (ou italiano). Fundamental, desenvolverse en inglés.
· Permiso de conducir.
· Bo coñecemento de ferramentas dixitais e informáticas.
· Compromiso claro de participar no proxecto ata o final das actividades, para o que necesitamos que se demostre na carta de motivación.
· Boas habilidades de comunicación e interacción.
O programa desenvolverá as seguintes actividades cos alumnos:
1. Impartición de cursos de formación sobre sostibilidade e comunicación no sector gandeiro (TURÍN, 17-21 ABRIL. ACOMPAÑADOS POR 2 TECNICOS DE AGACA. GASTOS A CARGO DO PROXECTO): La sostenibilidad medioambiental y el ciclo de vida; La sostenibilidad social y económica y su evaluación; Estrategias disponibles para reducir el impacto ambiental y mejorar la sostenibilidad de las explotaciones lácteas.
2. Laboratorio de sensibilización dos agricultores. 2 días. Nunha granxa de Galicia e de OUTUBRO-NOVEMBRO 20233. Os participantes na formación traballarán nunha primeira sesión conxunta de consultoría e animación en presencia, ensaiando un momento típico do proceso de consulta. Terán a oportunidade de demostrar coa práctica a eficacia da actividade de estudo preparatoria.
3. Elaborar unha estratexia de avaliación e comunicación de sostibilidade. ULTIMA SEMANA XANEIRO 2024. SANTIAGO DE COMPOSTELA. 4 DIAS. Os participantes reuniranse para elaborar e compartir os resultados do laboratorio. Centraranse en debater e resolver posibles críticas, destacando os diversos elementos recorrentes e elementos relevantes, para desenvolver unha estratexia conxunta que defina cómo avaliar a sostibilidade dunha granxa e definir unha especie de caixa de ferramentas para os agricultores sobre cómo comunicar a sostibilidade.
Pregamos a tódolos interesados, que envíen os documentos de candidatura citados coa finalidade de proceder á selección dos mesmos antes de finalizar o presente mes de febreiro, remitindo os mesmos por correo electrónico a agaca@agaca.coop.
Información sobre UpFarming https://agaca.coop/gl/13962/
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e
Universidades.
RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política
Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria
de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados
de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
CURSO APLICADOR MANIPULADOR DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS.NIVEL BÁSICO.
LUGAR: Salón de Plenos.Concello de Barro (Pontevedra)
DATAS: 17,19,21,24,26 e 28 Outubro 2022
Horario: 16:00H a 20:30H
UNIDADE ORGANIZADORA: DTO.INVESTIGACIÓN E TRANFERENCIA (AGACAL)
CONTACTO ANA BELÉN TORRES ALONSO
TLF: 609832862 EMAIL: atorres@epseaga.com
COLABORA: Concello de Barro.